• 986-10-63-51
  • info@mediacioneducativa.es

Plan de Convivencia

Ante a obrigatoriedade de implementar Plans de Convivencia nos Centros de Ensino da Comunidade Autónoma de Galicia nosa aposta pivota ao redor de dous eixos: por unha banda a elaboración dun Plan de Convivencia integral e personalizada para cada centro educativo e por outra a oferta formativa para profesorado e alumnado necesaria para instalar un servizo de mediación útil, funcional e permanente no tempo.

Desde Mediación Móbil traballamos para conseguir un modelo versátil e facilmente conjugable cos requirimentos de cada Centro Educativo. Así contamos con diferentes paquetes, desde a redacción dun Plan de Convivencia personalizado que sería o máis sinxelo ata a redacción do devandito Plan e a implementación dun servizo de Mediación interno ou externo.

Todos os plans son (e deben ser) personalizables. Cada un deles pódese enriquecer con diferentes servizos adicionais que ofrecemos tales como a colaboración de profesionais independentes (psicólogos, educadores sociais, expertos en mercadotecnia dixital, etc) para que a experiencia resultante da contratación de Mediación Móbil sexa tan completa como o cliente desexe.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies